Museo de Bergantiños
- Rúa Martín Herrera, s/n. 15100 - Carballo
- T. 981 702 077
Horario:
- Mañás, de martes a sábado de 12.00 a 14.00 horas e os domingos de feira tamén de 12.00 a 14.00 horas.
- Tardes, de martes a venres de 17.00 a 19.00 horas.
- Luns pechado.
O Museo de Bergantiños ocupa o antigo cárcere e Xulgado de Primeira Instancia de Carballo, construídos no século XIX.
O edificio foi rehabilitado polo prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto. Inaugurado en xaneiro de 2002 constitúe un museo etnográfico dividido en oito salas temáticas dedicadas a temas como a historia de Carballo, os recursos xeográficos, a economía ou o patrimonio natural do municipio. No patio central hai varios paneis dedicados á liña de trolebuses Carballo – A Coruña, a primeira liña de estrada que se electrificou en España.
Poden concertarse visitas guiadas ao Museo para grupos mediante cita previa.