Coral Polifónica de Bergantiños
A Coral Polifónica de Bergantiños nace en Carballo no ano 1969, ao amparo do antigo 'teleclub', baixo a dirección do cura de Carballo D. Jaime Rodríguez Valcárcel. Ao pouco tempo toma a dirección D. Manuel Rodríguez Rodríguez, con quen a coral crece en formación musical e tamén en número de compoñentes, e inicia unha etapa de auténtica expansión e longa andaina. No ano 2007 créase o coro de voces brancas, ilusionante iniciativa xurdida dunha colaboración coa parroquia de San Xoán Bautista.