Cristian Rama Costa gaña o concurso de Instagram cunha foto da procesión do 25 de xuño

A súa imaxe acadou 95 “gústame” no perfil que ten o San Xoán na rede social e será publicada na revista das festas do ano que vén

Luns 17 de xullo do 2017

Esta é a foto gañadora

Esta é a foto gañadora

Xa temos gañador do concurso organizado pola comisión de festas en Instagram. Cristian Rama Costa acadou o maior número de “gústame” cunha imaxe da procesión do Santísimo Sacramento, que se celebra o 25 de xuño. Cun total de 95 votos, a súa foto foi a preferida polos seguidores e seguidoras das festas na rede social. O segundo e o terceiro postos foron para dúas fotos de cachelas, e tamén acadou moitos gústame unha imaxe do espectáculo infantil de pompas de xabón celebrado na Praza do Concello. Este ano 8 imaxes competiron polo premio, que consiste na publicación da gañadora na revista das festas do ano seguinte.

A Asociación Cultural San Xoán e o Concello de Carballo, co-organizadores das Festas de San Xoán, agradecen a resposta de todas e todos no concurso, que nesta terceira edición gañou en participación, tanto en número de fotos e autores como en votación por parte dos/as seguidores/as do perfil do San Xoán en Instagram.

Ligazóns

Compartir: