Inicio Áreas Cultura San Xoán 2017 Novas O Concello autoriza excepcionalmente,...

O Concello autoriza excepcionalmente, con motivo das festas, a instalación de asadeiros e grellas na vía pública

A dispensa da prohibición estará vixente entre o 22 de xuño e o 2 de xullo

Martes 13 de xuño do 2017

Como é habitual nestas datas, o alcalde de Carballo vén de ditar un bando no que establece unha dispensa da prohibición de instalar asadeiros ou grellas na vía pública no período comprendido entre o 22 de xuño e o 2 de xullo. Deste xeito poderán realizarse sardiñadas ou churrascadas na vía pública, aínda que será obrigatorio poñer en coñecemento da Policía Local, con 24 horas de antelación, o lugar no que se van realizar, e terán que adoptarse as medidas de seguridade que dispoñan os axentes.

Con todo, o establecemento de facilidades para que todas e todos poidamos gozar dunha das tradicións máis arraigadas do San Xoán non exime á cidadanía do cumprimento das normativas sobre ruído, fumes, tránsito peonil, distancias de seguridade, limpeza de espazos públicos ou, por suposto, afectación aos dereitos de terceiras persoas.

Compartir: