19 carrilanas acuáticas participan no XX Descenso do Anllóns

Domingo 25 de xuño do 2017 18 horas - A Ponte de Bértoa

O Descenso do Anllóns cumpre 20 anos, e teremos case un participante por ano. Un total de 19 equipos, coas súas carrilanas acuáticas, tomarán a saída na Ponte de Bértoa ás 18 horas e terán que sortear unha serie de obstáculos e probas antes de chegar á meta, situada no Parque do Anllóns. Este ano a comisión de festas reparte 2.375 euros en premios e subvencións.

Compartir: