Inicio Áreas Participación veciñal Novas Volven os cursos de poda organizados...

PRAZAS ESGOTADAS!

Volven os cursos de poda organizados polo Concello de Carballo e Dixardín

Este ano celebraranse o 20 de xaneiro en Entrecruces, o 27 de xaneiro en Imende e o 3 de febreiro en Cances

Luns 1 de xaneiro do 2024

No 2024 volverán os cursos de poda, unha actividade con moitísima demanda que se leva a cabo aproveitando a época idónea para poñer a punto as plantacións domésticas. Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Carballo e o centro especial de emprego Dixardín colaboran para seguir fomentando unha xestión axeitada dos recursos naturais.

Para intentar chegar a todos os recunchos do territorio municipal, os cursos son itinerantes. Nas dúas primeiras edicións celebráronse en Verdillo, Outón (Rus), Artes, San Miguel de Vilela e Sísamo, e este ano serán en Entrecruces, Imende (Noicela) e Cances. Aquí tes o calendario: 

  • 20 de xaneiro: Entrecruces
  • 27 de xaneiro: Imende (Noicela)
  • 3 de febreiro: Cances

PRAZAS ESGOTADAS

Os cursos realizaranse de 10.00 a 13.00 horas. As prazas son limitadas, e outorgaranse por orde de solicitude. Ás persoas admitidas enviaráselles un correo electrónico de confirmación a partir do 17 de xaneiro no que tamén se lles indicará o lugar concreto de celebración da actividade. Desde o Concello de Carballo queremos agradecer a colaboración da Asociación de Veciños San Xens de Entrecruces, o Consello Parroquial de Noicela-Rebordelos e a Asociación Cultural San Campio de Cances.

Os cursos de poda enmárcanse no programa medioambiental Catro estacións, promovido polo Concello de Carballo coa colaboración do centro especial de emprego Dixardín, e vinculado á creación e mellora das zonas verdes e arboradas e dos espazos axardinados do noso concello. O principal obxectivo é implicar á veciñanza na conservación dos espazos públicos a través dunha serie de iniciativas orientadas a fomentar o coñecemento da nosa riqueza de flora, poñer en valor os recursos naturais do territorio e fomentar o respecto polas zonas verdes como bens comunitarios.

Descargas

Compartir: