Inicio Áreas Participación veciñal Novas Concello e Dixardín colaboran na...

Concello e Dixardín colaboran na organización de 4 cursos de poda dentro do programa medioambiental “Catro estacións”

As xornadas teórico-prácticas levaranse a cabo os días 21 e 28 de xaneiro e 4 e 11 de febreiro nas parroquias de Rus, Artes, Vilela e Sísamo

Venres 13 de xaneiro do 2023

Despois do éxito acadado o ano pasado en Verdillo, o Concello de Carballo e Dixardín volven a colaborar na organización de cursos de poda. Este ano serán catro en total, e realizaranse en catro parroquias diferentes para intentar achegar a formación a todo o territorio. Apuntade as datas e os lugares:  

  • 21 de xaneiro: Outón (Rus)
  • 28 de xaneiro: Artes
  • 4 de febreiro: San Miguel de Vilela
  • 11 de febreiro: Sísamo

Os cursos realizaranse de 10.00 a 13.00 horas. As prazas son limitadas, e as inscricións realizaranse enviando un correo electrónico a comunicacion@carballo.gal indicando nome e apelidos, parroquia de residencia e lugar de preferencia para realizar o curso. As prazas outorgaranse por orde de chegada, intentando respectar a preferencia das persoas solicitantes sempre que sexa posible.

A iniciativa forma parte do programa medioambiental Catro estacións, promovido polo Concello de Carballo coa colaboración do centro especial de emprego Dixardín, e vinculado á creación e mellora das zonas verdes e arboradas e dos espazos axardinados do noso concello. O principal obxectivo é implicar á veciñanza na conservación dos espazos públicos a través dunha serie de iniciativas orientadas a fomentar o coñecemento da nosa riqueza de flora, poñer en valor os recursos naturais do territorio e fomentar o respecto polos xardíns como bens comunitarios.

Compartir: