Inicio Áreas Deporte Novas O Mestre Internacional Arián...

O Mestre Internacional Arián González, campión do I Aberto Concello de Carballo de Xadrez Clásico

Luns 11 de decembro do 2017

Arián González proclamouse campión do I Aberto Concello de Carballo de Xadrez Clásico, que se disputou entre os días 8 e 10 no primeiro andar do Mercado Municipal co patrocinio do Concello de Carballo a través de Carballo Deporte. Foi un torneo de 3 días con 6 roldas, partidas de 90 minutos por xogador, válido para ELO Internacional e nacional de partidas lentas e que repartía 800€ en premios, características que o converten no único evento desta categoría en toda a comarca da Coruña e A Costa da Morte.

O concelleiro Marcos Trigo, con Arián González e o árbitro Óscar de Prado

O concelleiro Marcos Trigo, con Arián González e o árbitro Óscar de Prado

Participaron 48 xogadores/as. A longa ponte e a proximidade dos exames para os/as mozos/as da ESO e o Bacharelato restou asistencia, pero aínda así o nivel foi moi alto, con dous Mestres Internacionais, un Mestre FIDE e varios novos campións galegos e con papel destacado no nacional. Ata Carballo acudiron xogadores/as de Madrid, Verín, Ourense, Padrón, Santiago de Compostela, Lugo, Narón, A Coruña, Cambre, Arteixo, Malpica, Val do Dubra, Mazaricos e Coristanco, ademais dos locais.

En canto aos resultados destacar a clara vitoria do MI Arián González (cubano afincado en Ourense) con 6 puntos de 6 posibles. Con 5 puntos quedou 2º Diego Bugliot do Clubexa da Coruña tras un bo torneo. Do grupo de xogadores con 4,5 puntos quedou 3º Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense e campión galego sub-14 e 5º de España) 4º MF Marcial García do Rianxo (ex-campión galego absoluto) 5º Marta Quintás do Xaquedurm de Lugo, campioa galega sub12, e 6º Diego Espiñeira de Padrón (ex-campión galego absoluto).

Marcos Trigo con Ramiro Lema, mellor xogador local

Marcos Trigo con Ramiro Lema, mellor xogador local

Nos premios especiais por tramos e categorías, Ramiro Lema foi o mellor local quedando 11º con 3,5 puntos tras un bo torneo. O 2º local foi Martín Mira, xogador sub10 que realizou un gran torneo e consegue ademais obter o ELO Internacional cunha puntuación bastante alta, e o 3º local foi Sergio Vilacoba, que ademais consegue tamén un bloque de ELO internacional tras gañar a un dos mellores sub12 galego (para sacar o ELO deberá xogar con 3 xogadores máis noutro torneo). Pincha aquí para consultar a clasificación.

Compartir: