Inicio Áreas Participación veciñal Novas A Valedora do Pobo visitará...

A Valedora do Pobo visitará Carballo o xoves 26 e manterá un encontro coa cidadanía

Mércores 18 de xaneiro do 2017

A Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, visitará Carballo o xoves día 26. Será unha xornada intensa, xa que comezará ás 12.00 horas cunha recepción na Alcaldía, e continuará pola tarde, de 16.30 a 18.00 horas, cun encontro aberto a toda a cidadanía no Fórum Carballo. “É o meu desexo escoitar ás veciñas e veciños de Carballo e afondar en coñecer as súas queixas e peticións”, explica a Valedora do Pobo nunha carta de convite para a xuntanza que remitiu, a través do Concello, ao movemento asociativo.

Nesa mesma misiva, Milagros Otero explica que dende a súa chegada ao posto vén tratando de fomentar “unha auténtica cultura de dereitos entre a nosa cidadanía”, e que unha peza fundamental para acadar ese obxectivo é facilitar o acceso aos mecanismos que permiten ás persoas exercer eses dereitos. A Valedora do Pobo quere acometer esa tarefa “con base ao principio de proximidade, en contacto directo coa nosa poboación. A cidadanía –engade- ten dereito a unha presenza achegada da Valedora”.

Ligazóns

Compartir: