Inicio Áreas Deporte Novas O Torneo sub-12 Concello de Carballo...

O Torneo sub-12 Concello de Carballo acada a maioría de idade convertido no gran campionato do futuro do fútbol galego

Representantes municipais e das Escolas Luis Calvo Sanz presentaron a competición, que reunirá do 14 ao 16 de xuño á elite galega da categoría

Venres 31 de maio do 2024

Do 14 ao 16 de xuño teremos en Carballo ao futuro do fútbol galego. O Torneo sub-12 Concello de Carballo celebra a maioría de idade coa participación dos mellores clubs da comunidade –RC Celta, RC Deportivo da Coruña, CD Lugo, Racing de Ferrol, Pontevedra CF, Bertamiráns FC, SD Compostela e Escolas Luís Calvo Sanz, anfitrioas do gran evento deportivo. Pero o alcance do torneo vai máis alá e esténdese polo norte peninsular, xa que tamén contaremos coas canteiras do Athletic Club de Bilbao e do Real Sporting de Gijón.

Este foi o gran cartel que deron a coñecer os co-organizadores nun acto no que participaron Luciano Calvo, José Rey e José Manuel Canedo, en representación das escolas, e Evencio Ferrero e Daniel Pérez, por parte do Concello de Carballo. Este último foi o encargado de abrir o acto, amosando o orgullo do goberno municipal e expresando unha vez máis o apoio e a colaboración institucional co dinámico asociacionismo deportivo do noso concello.

José Rey explicou o desenvolvemento da competición, que constará de dúas xornadas de todos contra todos, o venres e o sábado, e unha terceira, a do domingo pola mañá, na que se disputarán o partido polo terceiro e cuarto postos, as semifinais e a final. “Este torneo –manifestou- é o buque insignia do fútbol alevín en Galicia”.

O alcalde, pola súa banda, destacou que ao longo destes 18 anos pasaron polas Eiroas xogadores que hoxe en día despuntan nas divisións máis altas do fútbol estatal e mesmo forman parte da selección española. Evencio Ferrero fixo fincapé na importancia do deporte, tamén, desde o punto de vista territorial, pero sobre todo destacou que o torneo representa uns valores deportivos e de amizade que considera fundamentais. O alcalde rematou felicitando ao Bergantiños e ás Escolas Luis Calvo polo traballo que desenvolven nese sentido e por ser, probablemente, “a entidade deportiva con máis licenzas de Galicia”.

Descargas

Compartir: