Inicio Áreas Deporte Novas O piloto Fran Gómez Pallas...

O piloto Fran Gómez Pallas agradece a colaboración do Concello de Carballo na súa última participación no Dakar

Mércores 10 de abril do 2024

O piloto carballés Francisco José Gémez Pallas quixo agradecer a colaboración do Concello de Carballo na súa última aventura no Dakar facéndolle entrega ao alcalde duns agasallos moi, moi especiais: area do deserto e un cadro asinado.

Evencio Ferrero, que o recibiu na Alcaldía este mércores, interesouse polos detalles da experiencia de Fran Gómez Pallas, que nesta ocasión competiu na categoría de vehículos #Mission1000, de combustibles alternativos, cunha moto 100% eléctrica. O alcalde amosouse moi agradecido polos agasallos e tamén orgulloso de que o nome de Carballo estea ligado a un evento que vai moito máis alá do deportivo e que ten repercusión en todo o mundo.

Compartir: