Inicio Áreas Deporte Novas Volve o torneo solidario de...

DO 2 AO 10 DE DECEMBRO

Volve o torneo solidario de pádel Concello de Carballo para axudar a nenos oncolóxicos e ás súas familias

Representantes de Asanog, Miclub Padel e Concello de Carballo presentaron a novena edición

Venres 1 de decembro do 2023

O torneo solidario de pádel Concello de Carballo, organizado por Miclub Pádel a beneficio de Asanog, cumpre nove anos. Ao longo deste tempo foi indo a máis en todos os sentidos, tanto en canto á participación coma en categorías ou en colaboración, e este ano agardamos volver a contar coa mesma solidariedade de sempre.

Este xoves presentamos o cartel nun acto no que participaron o presidente de Miclub, Manuel Pallas; a responsable de comunicación da Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia (Asanog), Aldara Palmeiro, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

O éxito de participación xa é un feito. Nesta edición, que arrincará este sábado 2 e rematará o domingo 10 coas finais, contaremos cun cento de parellas, segundo indicou Manuel pallas. Como vén sendo habitual, haberá tres categorías: masculina (1ª, 2ª, 3ª e 4ª), feminina (1ª, 2ª e 3ª) e mixta (1ª, 2ª e 3ª).

Tanto Manuel Pallas coma Aldara Palmeiro agradeceron a colaboración do Concello de Carballo animaron á veciñanza a colaborar, ben participando no torneo ou ben a través da fila cero habilitada no número de conta de La Caixa ES61 2100 1453 2102 0025 9900, para seguir apoiando os servizos que presta Asanog ás familias dos nenos e nenas oncolóxicos. “Fainos tremendamente felices consolidar este evento. Calquera apoio é moi favorable para a asociación e para os nenos que están pasando por un cancro”, dixo Aldara Palmeiro.

Evencio Ferrero, pola súa banda, aludiu á importancia da consolidación deste tipo de eventos para que a axuda non quede nunha anécdota. “Teño que felicitarvos por perseverar, porque é unha moi boa iniciativa e un exemplo máis de que Carballo é solidario”, manifestou.

Compartir: