Inicio Áreas Deporte Novas O Eixo Atlántico márcase...

O Eixo Atlántico márcase como obxectivo seguir ampliando a participación feminina nos xogos deportivos

O concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, e o técnico Manuel Varela Bardanca asistiron á xuntanza do grupo de Deportes do Eixo en Vila Nova de Famalicao (Portugal)

Sábado 28 de outubro do 2023

O concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, e o técnico da área Manuel Varela Bardanca participan na xuntanza do grupo temático de deportes do Eixo Atlántico que se celebra en Vila Nova de Famalicao (Portugal), que será unha das sedes dos XV Xogos Deportivos do Eixo Atlántico, xunto con Braga, do 30 de xuño ao 5 de xullo do 2024.

O ano que vén, tal como vén de acordarse en Famalicao, manteranse as mesmas modalidades que no 2022 e incorporarase o fútbol feminino, xa que un dos obxectivos marcados na xuntanza desta fin de semana é seguir ampliando a participación feminina de cara a acadar a equiparación da porcentaxe de participación de homes e mulleres.

Na anterior edición dos Xogos Deportivos do Eixo Atlántico, o Concello de Carballo, en colaboración coas entidades deportivas, participou en cinco modalidades, cun total de 44 deportistas e 10 adestradores e delegados.

Compartir: