Inicio Áreas Deporte Novas Carballo será o centro do...

Carballo será o centro do deporte internacional co Cabreiroá Junior Pro Razo – Caión 2023

As praias de Razo e Caión converteranse no punto de encontro do surf mundial do 20 ao 24 de setembro

Luns 11 de setembro do 2023

O futuro do surf cítase en Razo con 150 deportistas rexistrados nas categorías masculina e feminina, entre os que destaca a presenza de Janire González-Etxabarri, gañadora recentemente do WQS 3000 en Pantín, e do campión europeo júnior Adur Amatriain.

A acción comezará en Caión, A Laracha, cos Trials galegos impulsados por Deporte Galego o día 20, brindando aos primeiros e segundos clasificados tanto na categoría masculina como feminina a oportunidade de acceder ao evento principal. O 21 de setembro marcará o inicio da competición no marco do World Junior Tour da World Surf League (WSL), que se disputará na praia de Razo.

O CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO - CAIÓN 2023 vai máis aló de ser un simple evento de surf. Durante os días de competición levaranse a cabo diversas actividades paralelas, e os asistentes poderán gozar dos concertos do Razo Sound e unha ampla variedade de actividades na zona de lecer como a rampla de skate e espazos de conciliación con bautismos de surf e skate. O evento promete ser unha celebración do surf e a cultura local nunha das costas máis fermosas de Galicia.

Compartir: