Inicio Áreas Deporte Novas O mestre internacional Lennis...

O mestre internacional Lennis Martínez, campión da sexta edición do Aberto de Xadrez Clásico Concello de Carballo

Martes 5 de setembro do 2023

Lennis Martínez (no centro), campión do Aberto de Xadrez

Lennis Martínez (no centro), campión do Aberto de Xadrez

Finalizou o VI Aberto de Xadrez Clásico Concello de Carballo, un torneo a 9 roldas valedoiro para Elo Internacional, que repartiu 5.000 euros en premios, trofeos e agasallos, e que tamén pechou o XXXIV Circuito Galego de Xadrez e fomou parte do VII Circuíto Intercomarcal de Xadrez Deputación dá Coruña.

Tras as 9 roldas disputadas resultou campión o MI (mestre internacional) cubano Lennis Martínez, con 7,5 puntos. O GM serbio Aleksa Strikovic foi segundo, o MI cubano Roberto Gómez, terceiro, e o GM búlgaro Vladimir Petkov, cuarto, todos eles con 7 puntos. O concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, asistiu á entrega de premios.

Os mellores locais foron, por esta orde, Sergio Caamaño, Anthony Gonsalves e Uxía Marrozos. O mellor local sub18, Sergio Vilacoba, e o mellor local sub12, Mario García.

Este torneo e as actividades paralelas, entre elas a simultánea co GM Delgado, foron patrocinadas polo Concello de Carballo a través das áreas de Deportes e Turismo. O club O Toque Xiria, orgnaizador do aberto, agradeeu tamén a colaboración das empresas locais, "que todos os anos se implican e grazas ás cales podemos traer a Carballo a grandes mestres internacionais".

Compartir: