Inicio Áreas Deporte Novas Aprobada a convocatoria de...

Aprobada a convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para a tempada 2022-2023

A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde aos convenios cos centros educativos Gándara-Sofán, Monte Neme e Parga Pondal para o uso das súas instalacións deportivas

Luns 29 de agosto do 2022

O pavillón de Sofán, no que se está a realizar unha importante obra de mellora, poderá ser utilizado fóra do horario lectivo

O pavillón de Sofán, no que se está a realizar unha importante obra de mellora, poderá ser utilizado fóra do horario lectivo

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividade física e deportiva de iniciativa privada co patrocinio municipal para a tempada 2022-2023.

O obxecto da convocatoria, que se abrirá nos vindeiros días, é a concesión de usos das instalacións deportivas municipais para o desenvolvemento da actividade física ou deportiva na modalidade correspondente (adestramentos, competicións, eventos), polo que a Concellaría de Deporte pretende realizar un reparto de horas libres semanais nas citadas instalacións entre todas as entidades deportivas solicitantes mediante un procedemento de concorrencia competitiva.

As listaxes de instalacións e horarios poden descargarse máis abaixo.

Na sesión deste luns tamén se aprobaron os acordos de colaboración entre o Concello de Carballo e os centros educativos Gándara-Sofán, Monte Neme e Isidro Parga Pondal para a utilización das súas instalacións deportivas fóra do horario escolar.

Descargas

Compartir: