Inicio Áreas Deporte Novas O IV Torneo de Xadrez Clásico...

O IV Torneo de Xadrez Clásico Concello de Carballo rematou coa vitoria do GM indio Gukesh D

O concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o presidente do club O Toque Xiria, Javier Teixeira, entregaron os premios

Venres 10 de setembro do 2021

Marcos Trigo e Javier Teixeira, co GM Gukesh D

Marcos Trigo e Javier Teixeira, co GM Gukesh D

Rematou o IV Torneo Concello de Carballo Clásico coa clara vitoria do novísimo GM indio Gukesh D, que xa partía como gran favorito ao triunfo e que gañou sen problemas a última partida contra Rey. O seu balance no torneo é de 8 puntos dos 9 posibles, subindo 4 puntos de Elo e sacando 1 punto de vantaxe ao 2º. Estes foron os resultados:

  • 2º clasificado: o GM Marc Narciso
  • 3º clasificado: o MI Diego Espiñeira
  • 4º clasificado: Xulio do Prado, que fixo un gran torneo e será próximo MF superando os 2300 puntos de Elo. 
Á cabeza do grupo de xogadores con 6 puntos figura o GM David Lariño, que foi 6º.

Repartíronse premios ata o 10º da xeral e tamén premios especiais por franxa de Elo, feminina, veterano, sub-18-16-14-12-10-8. No acto de entrega participaron o presidente do club O Toque Xiria, Javier Teixeira, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo. En total houbo 30 deportistas premiados/as. Os/as mellores locais foron Ramiro Lema, Uxía Marrozos e Manuel Canedo, e o mellor local sub18 foi Pablo Antelo.



Galería

Compartir: