Inicio Áreas Deporte Novas 262 deportistas disputarán os...

262 deportistas disputarán os días 22 e 23 en Razo o Campionato de España de Salvamento e Socorrismo

Representantes das federacións española e galega e do Concello de Carballo presentaron a competición, á que acudirán 33 clubs de toda España

Venres 16 de xullo do 2021

Daniel Vila, Javier Souto, Francisco Cano e Evencio Ferrero

Daniel Vila, Javier Souto, Francisco Cano e Evencio Ferrero

A praia de Razo vai ser o escenario do Campionato de España de Verán de Salvamento e Socorrismo na categoría absoluta. Despois das probas infantil, cadete, xuvenil e júnior, que se disputarán en Laxe, a competición chegará ao noso concello os días 22 e 23. Hoxe presentamos o cartel coa participación de Francisco Cano Noguera, portavoz da Federación Española e director de prevención e seguridade; Daniel Vila Recarey, director deportivo da Federación Galega; Javier Souto Facal, coordinador de Protección Civil, que colaborará no desenvolvemento do torneo, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo.

O campionato de salvamento e socorrismo reunirá en Razo a 262 deportistas (114 mulleres e 148 homes) de 33 clubs de toda España. “Recuperamos a participación previa á pandemia. O ano pasado apostamos pola competición e fixemos campionatos, pero loxicamente a inscrición foi bastante menor, e este campionato volve a cifras pre-pandemia”, subliñou Francisco Cano.

A competición comezará o xoves 22 ás 09:00 horas. O programa da primeira xornada é o seguinte:

  • Eliminatorias e finais
  • Sprint praia
  • Relevo sprint praia
  • Nadar surf      
  • Relevo salvamento con tubo de rescate
  • Carreira con ski de salvamento
  • Rescate con táboa de salvamento.
 Segunda xornada:
  • Eliminatorias e finais
  • Bandeiras
  • Carreira con táboa de salvamento
  • Oceanwoman / oceanman
  • Relevo ocean  
  • Relevo ocean mixto

Daniel Vila, pola súa banda, destacou que na situación sanitaria actual extremaranse as medidas de prevención. Nese sentido, Francisco Cano apuntou que a Federación Española ten “un protocolo propio moi superior ao que se pide. Levamos máis de 30 competicións nacionais polas que pasaron máis de 9.000 deportistas, e de momento temos a sorte de non ter ningún problema nese sentido”.

CLUBS PARTICIPANTES

  1. Club Salvamento y Socorrismo Carballo - SYSCA
  2. Club Salvamento Sada – SASA
  3. Club Acuático Laracha – SAL
  4. Club Salvamento Ourense – SALVOUR
  5. Club Natación Cerceda
  6. Club Acuático Umia
  7. Club Salvamento Vilgarcía
  8. Club Salvamento Arteixo – SALVAR
  9. Club Salvamento Pontevedra - SAPO
  10. Club Natación y Salvamento Albasit
  11. Club Actividades Acuáticas Calatayud
  12. Club Actividades Acuáticas Calatayud
  13. Alcarreño de Salvamento y Socorrismo
  14. C. D. SOS La Bañeza
  15. Club Amics de Riudoms
  16. C.D.E Pacífico Salvamento
  17. Club Natación Top Ten Alicante
  18. Club A.C.N. Marisma
  19. Club Polideportivo Andorra
  20. Club Natación Benidorm
  21. Club Natación y Salvamento Oriol Imperial
  22. Club Natación Guadalajara
  23. Club Natación SOS Bétera
  24. Club Deportivo Oca S.O.S
  25. Club Salvamento y Socorrismo Benavente
  26. Club Salvamento y Natación Silla
  27. Club Deportivo Unión Esgueva SOSVA
  28. Club SVAT – Tarancón
  29. Club Deportivo Sirenas de Catarroja
  30. Club Natació Vila – Seca
  31. Club Deportivo Natación Aldaia
  32. Club Deportivo Shaka Surf Life Saving
  33. Club Natación Martianez

Compartir: