Inicio Áreas Deporte Novas Aberto o prazo de solicitude das...

Aberto o prazo de solicitude das subvencións anuais destinadas a financiar a actividade dos clubs e as entidades deportivas

Do 13 de maio ao 1 de xuño poden presentarse as solicitudes para proxectos de actividade xeral e para eventos

Mércores 12 de maio do 2021

Tras a publicación dos extractos das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), comeza a contar o prazo de solicitude de subvencións do Concello de Carballo en materia de deporte. 

  • Programa de subvencións dirixidas a entidades deportivas para o financiamento de proxectos de actividade xeral durante o ano 2021: ata o 1 de xuño.
  • Programa de subvencións dirixidas a entidades deportivas para o financiamento da organización de eventos e actividades deportivas de carácter extraordinario durante o ano 2021: ata o 1 de xuño.
  • Programa de subvencións dirixidas a entidades deportivas para o financiamento da organización e participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España durante o ano 2020: publicado o extracto da convocatoria o día 13 de maio. Aberto prazo de solicitude ata o 2 de xuño.

As bases das convocatorias e o modelo de solicitude poden descargarse máis abaixo. Calquera xestión ou consulta relacionada coas axudas será atendida polo servizo de Deportes, tanto presencialmente, previa cita; coma por teléfono ou por correo electrónico.

O Concello de Carballo mantén as tres liñas de axuda habituais, pero segue a incrementar a partida destinada ás subvencións a entidades, que suman nesta ocasión 114.000 euros.

Descargas

Compartir: