Inicio Áreas Deporte Novas A partir do 17 de decembro...

COVID-19

A partir do 17 de decembro reanúdanse as actividades nas piscinas que estiveran suspendidas durante o último mes

Mércores 16 de decembro do 2020

O 14 de novembro o Concello de Carballo aplicou aos servizos deportivos de oferta directa as restriccións acordadas pola Xunta de Galicia, suspendendo as actividades Escola de Natación 2020/21 e Aquagym e prohibindo o acceso ás piscinas a menores que no executasen actividade deportiva individual de xeito autónomo.

Á vista do acordo da Xunta de Galicia polo que o concello de Carballo pasa do nivel máximo de restricións ao nivel básico, a Concellaría de Deporte informa de que a partir do 17 de decembro recupéranse os servizos deportivos que quedaran suspendidos ou modificados, que son son seguintes:

  • Escola de natación 2020/21 para nenos e nenas. Como consecuencia da reanudación desta actividade, a piscina Vila de Noia volverá a estar restrinxida para uso libre de 08:00 a 22:30 horas. 
  • Aquagym
  • Apertura do vaso de chapoteo e acceso de menores acompañados polos seus pais/nais/titores.
As actividades dirixidas aplicarán o previsto parón durante o Nadal, que irá do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, ámbolos dous incluídos.

Compartir: