Inicio Áreas Deporte Novas Avanzan a moi bo ritmo as obras de...

Avanzan a moi bo ritmo as obras de mellora da accesibilidade e dos usos no pavillón do CEIP Fogar

O Concello de Carballo está a realizar un investimento de 53.215 euros

Xoves 8 de outubro do 2020

A empresa local Covisam Norte traballa a moi bo ritmo nas obras de reforma do pavillón do CEIP Fogar, nas que estamos a realizar un investimento de 53.215,80 euros coa finalidade de mellorar a accesibilidade e a seguridade dende a rúa e aproveitar un espazo libre entre a edificación e o muro de peche para a creación dun novo acceso e tamén almacéns.

O alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Contratación, Milagros Lantes, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, visitaron esta semana os traballos, que dotarán á instalación escolar e deportiva dunha ampliación de 108,29 metros cadrados, que se distribuirán entre a nova zona de acceso-vestíbulo e varios almacéns de distintas dimensións.

Compartir: