Inicio Áreas Cultura Novas Dúas ilustracións e tres...

Dúas ilustracións e tres vídeos, premiados no concurso das Letras Galegas #desdeamiñacasiñameular

Moita participación na retransmisión dos actos conmemorativos do 17 de maio a través das redes sociais

Martes 19 de maio do 2020

O espectáculo de Galeatro, en YouTube

O espectáculo de Galeatro, en YouTube

A situación de confinamento na que nos atopamos, malia a relaxación das medidas establecidas no estado de alarma, obrigou a modificar este ano o formato de celebración do Día das Letras Galegas. Substituímos a Praza do Concello por unha ágora virtual na que se deron cita, a través das redes sociais, máis de 1.500 persoas. Moitas grazas polo seguimento, pola altísima participación e polos comentarios de ánimo e apoio que nos fixestes chegar a través de Facebook e YouTube. A gravación de todo o espectáculo estará dispoñible ata fin de mes para que poidades seguir gozando das actaucións.

Xunto ás actuacións en directo da regueifeira Lupe Blanco e da compañía de teatro carballesa Galeatro _que estreou o espectáculo “Brincando coas letras”, preparado para a ocasión_, e a emisión dos vídeos realizados pola Banda Municipal de Gaitas, a Banda de Música do Conservatorio (con colaboradores) e o grupo de clarinete de grado profesional do CMUS, o Día das Letras Galegas tamén se fixeron públicos os premios do concurso #desdeamiñacasiñameular, organizado polo departamento de Cultura en Instagram. A calidade dos traballos foi altísima, polo que se optou por conceder os seguintes premios, consistentes en libros e produtos co lema “eu quero a Carballo”, e que se entregarán o antes posible:

Fotografía e ilustración

  1. Rakele Cavallo, cunha ilustración de Rosalía de Castro
  2. Oti Fernández, cunha ilustración de Carvalho Calero.
Vídeo
  1. Clarion Blogue Nasturianu (lectura)
  2. Tamara Sax 2 (música)
  3. José Antonio García Canedo (recitado)
Parabéns e grazas por participar!



Galería

Compartir: