Inicio Áreas Deporte Novas Convocadas para o 26 de febreiro as...

Convocadas para o 26 de febreiro as eleccións ao Consello Deportivo Municipal

Un total de 44 clubs e entidades integran o censo provisional

Luns 10 de febreiro do 2020

Reunión do Consello Deportivo Municipal no mandato anterior

Reunión do Consello Deportivo Municipal no mandato anterior

O 26 de febreiro celebraranse (Fórum Carballo, 20:30 horas) as eleccións ao Consello Deportivo Municipal, un órgano consultivo no que están representados o movemento asociativo e a corporación municipal. O regulamento de funcionamento pode descargarse máis abaixo.

No censo provisional, que está dispoñible no documento axunto, figuran 30 clubs e 14 entidades, aínda que hoxe mesmo abriuse un prazo de cinco días hábiles (ata o 14 de febreiro) para solicitar a inclusión ou a exclusión ou para a corrección de erros. O censo definitivo farase público a partir do día 15.

A mesa electoral será constituída o mesmo día da asemblea, na que as entidades incluídas no censo tamén poderán presentar as súas candidaturas.

Descargas

Compartir: