Inicio Áreas Cultura Novas Entregados os premios do Concurso de...

Entregados os premios do Concurso de Cartel e Postal de Nadal

Domingo 15 de decembro do 2019

Representantes da organización e do xurado entregaron os premios aos nenos e nenas

Representantes da organización e do xurado entregaron os premios aos nenos e nenas

O Pazo da Cultura acolleu este sábado o tradicional festival Cantos de Nadal, no que actuaron os coros O Candil e Vagalume. Como cada ano, aproveitamos para entregar os premios do Concurso de Cartel e Postal de Nadal, no que este ano participaron 1.466 nenos e nenas de nove centros educativos.

A concelleira de Educación e Festas, Mar Eirís; Alejandro Varela e Inés Pastoriza, do CEIP Bergantiños; Alberte Liñares, da A.C. Nemeth, e José Manuel Naya, xerente de Todo Lar, empresa patrocinadora do certame, foron as persoas encargadas de entregar os galardóns.

Premios

  • Mía Cancela Viña, de 7 anos do Cra Ponte da Pedra-Escola de Verdillo. 1º premio. Cartel de Nadal, que se distribuirá polas rúas e os comercios de Carballo.
  • Alba Eirín Castillo, 11 anos do CEIP Gándara Sofán. 2º premio, Postal de Nadal, que se utilizará para felicitar as festas dende o Concello e como portada do programa Nadal Cultural.
  • Nagore Calvelo Espasandín, 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero; accésit.
  • Rafael Abelenda García, 8 anos, do Colexio Artai; accésit.
  • Lucía Bermúdez Chouciño, de 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero; accésit.
  • Jorge Lago Pérez, 6 anos, do CEIP Bergantiños; accésit.
  • Lucía Vázquez Mato, 11 anos, do Colexio Artai; accésit.



Galería

Compartir: