Inicio Áreas Deporte Novas Un equipo de Escola Lubiáns de...

Un equipo de Escola Lubiáns de Hóckey representará a Carballo no VIII Torneo Eixo Atlántico

A competición disputarase esta fin de semana na Coruña

Xoves 5 de decembro do 2019

Un equipo de Escola Lubiáns de Hóckey representará ao Concello de Carballo no VIII Torneo Eixo Atlántico, que se disputará esta fin de semana na Coruña. Na presentación do equipo participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o xerente de Carballo Deporte, Francisco García Bello, ademais de representantes do club.

Os nosos deportistas xogarán o sábado no pavillón de Monte Alto contra o ACD Gulpilahres de Portugal e o CH Compostela. Os partidos decisivos disputaranse o domingo na polideportiva de Riazor.

Compartir: