Inicio Áreas Deporte Novas O CEIP Otero Pedrayo da Laracha,...

O CEIP Otero Pedrayo da Laracha, triunfador na fase local de a campo través escolar dos Xogos Galegos Deportivos

Na proba, que se disputou no campo municipal das Eiroas, participaron máis de mil nenas e nenos

Venres 29 de novembro do 2019

O CEIP Otero Pedrayo, da Laracha, foi o gran triunfador na fase local de a campo través escolar dos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, que se celebrou no campo das Eiroas organizada polo programa Xogade, da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Carballo e a Federación Galega de Atletismo. No municipal carballés déronse cita 1.021 nenos e nenas de once centros de ensino de catro concellos: A Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo e Xesús San Luís Romero, de Carballo; Alcalde Xosé Pichel e Bormoio-Agualada, de Coristanco; Otero Pedrayo e Caión, da Laracha, e Galán, de Arteixo. Ata alí achegouse tamén o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo.

O Otero Pedrayo sumou 6 podios nas oito carreiras disputadas, por diante de A Cristina e Fogar (4), Coristanco, Caión e Bergantiños (3) e Sofán (1).

A fase final provincial de a campo a través para centros escolares celebrarase tamén en Carballo, o 6 de marzo do 2020, no circuíto exterior da zona verde do polígono industrial de Bértoa.

Clasificacións

INFANTIL FEMININA

  1. Sarai Puga (Coristanco)
  2. Aroa Blanco (Coristanco)
  3. Celia Lois (A Laracha)
INFANTIL MASCULINA
  1. Martín Souto (Fogar)
  2. Guillermo Pastoriza (A Cristina)
  3. Nicolás Cancela (Fogar)
ALEVÍN FEMININA I
  1. Julia Varela (Fogar)
  2. Pepa Breijo (Fogar)
  3. Mai Iglesias (Caión)
ALEVÍN FEMININA II
  1. Iria Barreiro (A Laracha)
  2. Gabriela Paulos (A Laracha)
  3. Irene Arcay (A Laracha)
ALEVÍN MASCULINA I
  1. Tirso Ramos (A Cristina)
  2. Diego Veiga (Bergantiños)
  3. Xoel Falla (Bergantiños)
ALEVÍN MASCULINA II
  1. Mauro Regueira (A Laracha)
  2. Brais Castro (A Laracha)
  3. Álvaro Lavandeira (Coristanco)
BENXAMÍN FEMININA
  1. Ana Varela (Caión)
  2. Telma García (Bergantiños)
  3. Mara Golán (Caión)
BENXAMÍN MASCULINA
  1. Hugo García (A Cristina)
  2. Mateo Pallas (Sofán)
  3. Nicolás Lema (A Cristina)



Galería

Compartir: