Inicio Áreas Deporte Novas Máis de 1.000 escolares...

Máis de 1.000 escolares participarán este ano na fase local da proba deportiva de campo a través que se celebra en Carballo

O noso concello tamén será a sede da fase final provincial, prevista para o 6 de marzo

Mércores 27 de novembro do 2019

Saída dunha das probas do ano pasado

Saída dunha das probas do ano pasado

Un total de 1.021 nenos e nenas participarán este venres, 29 de novembro, na proba deportiva escolar de campo a través organizada pola Xunta de Galicia, dentro do programa Xogade, e o Concello de Carballo coa colaboración da Federación Galega de Atletismo.

Nesta edición participan 11 centros de ensino de catro concellos: A Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo e Xesús San Luís Romero, de Carballo; Alcalde Xosé Pichel e Bormoio-Agualada, de Coristanco; Otero Pedrayo e Caión, da Laracha, e Galán, de Arteixo.

As probas celebraranse no campo de fútbol municipal das Eiroas nos seguintes horarios:

  • 10.45h. Categoría infantil masculina: 136 participantes
  • 11.00h. Categoría infantil feminina: 122 participantes
  • 11.15h. Categoría alevín masculina: 283 participantes
  • 11.30h. Categoría alevín feminina: 211 participantes
  • Entrega de medallas
  • 11.45h. Categoría benxamín masculina: 146 participantes
  • 12.00h. Categoría benxamín feminina: 123 participantes
  • Entrega de medallas

Carballo converterase na sede do atletismo escolar durante esta xornada de venres, pero ademais o noso concello xa ten concedida a organización da fase final provincial de campo a través para centros escolares, que se celebrará o 6 de marzo do 2020 no circuíto exterior da zona verde do polígono industrial de Bértoa.

Compartir: