Inicio Áreas Deporte Novas Trece nenos e nenas de Carballo...

Trece nenos e nenas de Carballo poderán aprender a esquiar en Cabeza de Manzaneda na “Campaña de Inverno 2020”

O prazo de preinscrición estará aberto dende o 12 de novembro ata o 4 de decembro

Luns 11 de novembro do 2019

O Concello de Carballo volverá a participar na tradicional Campaña de Inverno que organiza a Deputación Provincial da Coruña para iniciar ao esquí a nenos e nenas de 11 a 15 anos. Ao noso concello correspóndenlle 13 prazas para esquiar en Cabeza de Manzaneda na quenda comprendida entre o 7 e o 10 de febreiro. Os/as interesados/as poderán realizar a preinscrición dende o 12 de novembro ata o 4 de decembro, presentando no Rexistro Xeral do Concello a ficha que pode descargarse máis abaixo.

No caso de que haxa máis solicitudes ca prazas, o 16 de decembro ás 10.00 horas celebrarase un sorteo público. Terán preferencia os/as solicitantes que non participaran en ningunha campaña de inverno anterior da Deputación da Coruña. A cota de participación individual establecida pola Deputación da Coruña é de 85,00 €.

Descargas

Compartir: