Inicio Áreas Cultura Novas A Concellaría de Cultura pon en...

A PRIMEIRA FUNCIÓN SERÁ O SÁBADO 9 EN CANCES

A Concellaría de Cultura pon en marcha Teatro en Ruta, que nesta segunda edición chegará a seis parroquias

Vagalume Animación porá en escena tres espectáculos diferentes: “Aleluia”, “Airbag” e “Escola de bruxas”

Mércores 6 de novembro do 2019

A Concellaría de Cultura volve a contar coa colaboración de Vagalume Animación para levar o teatro ás parroquias. Despois das sesións de baile con música en directo que celebraron durante o mes de outubro nos centros sociais, e con moito éxito, por certo, novembro será o mes de Teatro en Ruta.

A primeira función terá lugar este sábado, día 9, no Centro Social de Cances, onde poderemos ver a obra “Aleluia” a partir das 20.00 horas. A mesma peza representarase o sábado 16 en Rus e o domingo 17 en Oza, en ámbolos casos ás 19.00 horas. Vagalume Animación volverá a subir ao escenario a seguinte fin de semana coa obra “Airbag”, que poderá verse o día 23 en Ardaña e o 24 en Verdillo, tamén ás 19.00 horas. Teatro en Ruta rematará o día 30 en Sofán coa posta en escenar de “Escola de bruxas” ás 19.00 horas. A entrada será de balde e libre ata completar aforo.

A Concellaría de Cultura quere seguir estendendo este tipo de iniciativas, sempre en colaboración co movemento asociativo, pola cada vez máis ampla rede de centros sociais do noso concello.

Compartir: