Inicio Áreas Cultura Novas Este verán sae á...

OS LIBROS tamén SON PARA O VERÁN

Este verán sae á rúa cun libro e participa na nova campaña de animación á lectura da Biblioteca Rego da Balsa

Publica fotos do que estás lendo coa etiqueta #lermola nas redes sociais ou envíanolas a biblioteca@carballo.gal e poderás recibir un agasallo

Martes 23 de xullo do 2019

Este ano temos 4 puntos de bookcrossing nas praias

Este ano temos 4 puntos de bookcrossing nas praias

Despois da Praza dos Libros, na que se mercaron 350 libros diarios, dende a Concellaría de Cultura queremos que sigas lendo, e que aproveites as horas de luz natural que temos nesta época do ano para facelo ao aire libre. No miradoiro de Santa Irene, na praia de Leira, aos pés da férveda de Rus, na área recreativa de Santa Lucía, na Ribeira da Pena, no Xardín, nunha terraza ou no Bosque do Añón... Calquera lugar é bo para mergullarse nas lecturas máis refrescantes.

Escollas o libro que escollas (se non sabes por cal decidirte aconsellarémoste con moito gusto nas Bibliotecas de Carballo), compárteo con nós: publica unha foto da túa lectura nas redes sociais coa etiqueta #lermola ou fáinola chegar a través do enderezo electrónico biblioteca@carballo.gal. As mellores imaxes terán agasallo e ademais utilizarémolas para facer un mural na biblioteca. Anímaste?

Porque “Os libros tamén son para o verán”, na Concellaría de Cultura volvemos a levalos ás praias. Este ano temos catro puntos de bookcrossing na costa: 2 en Razo (no posto principal dos socorristas e no da explanada) e 2 en Baldaio (en Pedra do Sal e As Saíñas). Achégate sen medo e colle o título que máis che guste. Lévao e libérao onde queiras despois de lelo.

E se es dos/as que se atreven a todo, o último sábado de cada mes podes participar no club de lectura en francés da Asociación de Irmanamento con L’Isle Jourdain.

Descargas



Galería

Compartir: