Inicio Áreas Deporte Novas Convocatoria de asignación de...

Convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para a tempada 2019-2020

Luns 22 de xullo do 2019

O Concello de Carballo abre durante 15 días naturais, que empezan a contar o 19 de xullo, o prazo para presentar solicitudes na convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividade física e deportiva de inicitativa privada co patrocinio municipal para a tempada 2019-20.

O obxecto da convocatoria é a asignación de usos das instalacións deportivas municipais para o desenvolvemento de actividade deportiva (adestramentos, competicións e organización de eventos deportivos) para entidades deportivas e/ou educativas sen ánimo de lucro do municipio de Carballo.

Instalacións

  1. Complexo deportivo Vila de Noia: pavillón e piscina.
  2. Complexo deportivo Carballo Calero: pavillón e piscina
  3. Completo deportivo As Eiroas (Bértoa): campos de fútbol principal e anexo
  4. Campo de fútbol O Carral (Sofán)
  5. Campo de fútbol As Pedreiras (Berdillo)
  6. Campo de fútbol CEIP Gándara-Sofán
  7. Pavillón CEIP Gándara-Sofán
  8. Pavillón IES Parga Pondal
  9. Pavillón IES Monte Neme
  10. Pavillón CEIP Fogar
  11. Pavillón CEIP Xesús San Luís Romero
  12. Ximnasio CEIP Xesús San Luís Romero
  13. Pavillón CEIP Nétoma-Razo
  14. Ximnasio IES Alfredo Brañas

Solicitudes

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Carballo do 19 de xullo ao 2 de agosto, incluídos. Cada entidade poderá presentar unha única solicitude e deberá axuntar a seguinte documentación:

  • Modelo de solicitude normalizada que figura no Anexo I.
  • Calendarios de competición para a tempada 2019-20 (no caso de non estar dispoñibles no momento de reallizar esta solicitude, deberán achegarse ao Servizo Municipal de Deportes quince días antes do inicio da competición).
  • Certificado da Federación correspondente no que indique o número de equipos inscritos e o número de licenzas tramitadas durante a tempada 2015-2016.
  • Copia do seguro de responsabilidad da entidade.
  • Declaración responsable segundo o modelo do Anexo III.
Os interesados e interesadas poden consultar máis abaixo as bases (incluíndo os anexos) en pdf.

Descargas

Compartir: