Inicio Áreas Deporte Novas O alcalde de Carballo recibiu ás...

O alcalde de Carballo recibiu ás xogadoras do Bergantiños tras proclamarse campioas da primeira Copa da Costa feminina

Evencio Ferrero desexou longa vida ao deporte feminino e moitos máis éxitos

Xoves 11 de xullo do 2019

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ofreceu hoxe unha recepción oficial ás xogadoras do Bergantiños tras proclamarse campioas da primeira Copa da Costa feminina. Evencio Ferrero felicitounas por escribir esta páxina histórica no deporte carballés e destacou o auxe do deporte feminino, ao que desexou longa vida e moitos máis éxitos deportivos. “Sempre é unha gran satisfacción celebrar un éxito, e neste caso como é un éxito un equipo feminino, que tanto traballo custou que se fose implantando no noso concello, tedes moitísimo mérito. Que sexa un recoñecemento máis dos moitos que virán e que sigades levando o nome de Carballo con tantísima dignidade como o estades a facer”, dixo o alcalde.

O alcalde estivo acompañado polas concelleiras Milagros Lantes e Belén Lendoiro e polo concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, que tamén felicitou ás xogadoras e lembrou ademais que é a primeira vez que o Bergantiños gaña unha Copa da Costa. Marcos Trigo tamén quixo animar ao club a seguir apostando polo fútbol feminino e ás xogadoras, a seguir traballando de cara á vindeira temporada.

A capitana escribiu no Libro de Honra e todas as súas compañeira asinaron

A capitana escribiu no Libro de Honra e todas as súas compañeira asinaron

O Bergantiños estivo representado polo seu presidente, Luciano Calvo, que non puido ocultar o seu orgullo, e as xogadoras contaron ademais co apoio das súas familias. Todas asinaron no Libro de Honra do Concello secundando as palabras de Laura Seoane, a capitana: “Somos un gran equipo e unha gran familia que comeza a facer historia, e seguirá... #QueCeraImosDar”.

Compartir: