Inicio Áreas Deporte Novas 290 deportistas de 9 a 16 anos...

290 deportistas de 9 a 16 anos participarán este domingo no III Dúatlon Escolar Concello de Carballo

Consulta aquí toda a información sobre a proba

Venres 15 de febreiro do 2019

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro, desde as 10.30 horas, o III Dúatlon Escolar Concello de Carballo, proba do programa Xogade que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e que organizan a Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude e a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno. Concello de Carballo. Colaboran Carballo Deporte e Protección Civil e Policía Local de Carballo.

290 deportistas de entre 9 e 16 anos, de 18 clubs da provincia da Coruña -entre eles a AD Fogar, con 35 representantes, e o Club Ciclista Carballo-, participarán nunha competición que inclúe un total de 6 carreiras, nestes horarios:

Os 25 mellores por categoría e sexo clasificaranse para as fases provinciais.

Presentación

Evencio Ferrero, alcalde de Carballo; Marcos Trigo, concelleiro de Deporte; Gustavo Álvarez, presidente da AD.Fogar, e Eduardo Martínez, representante do Grupo Breogán Motor, un dos patrocinadores, presentaron a proba na Casa do Concello.

Trigo felicitou á AD Fogar por “conseguir traer a carreira a Carballo, un ano máis” e desexou que o III Duatlón Concello de Carballo “sexa un éxito e siga disputándose no futuro.

Gustavo Álvarez debullou polo miúdo o programa de competición e salientou a participación, nesta edición, do Club Ciclista Carballo. “É unha ledicia fomentar a participación non só entre os nosos asociados, senón entre outras entidades do concello”. “O tríatlon –rematou- é un deporte que segue en auxe, que cada vez ten máis adeptos e que, a través de estes programas escolares ofrece unha boa oportunidade para que os nenos se inicien nesta modalidade”.

Eduardo Martínez defendeu a aposta de Breogán Motor polo deporte: “Sempre que poidamos, imos botar unha man; tanto o Fogar como o Concello poden ter a seguridade de que seguiremos apoiando este tipo de iniciativas”.

“Ben está -dixo o alcalde- que Carballo siga sendo punto de celebración de eventos deportivos, neste caso de categorías base. Parabéns ao Fogar polo seu traballo, que esperemos que sirva para que cada vez máis persoas se sumen á práctica do deporte. Carballo é desde hai anos un concello que ten un número de licenzas federativas altísimo e diso temos tamén que sentirnos orgullosos”.

Descargas



Galería

Compartir: