Inicio Áreas Deporte Novas Xornadas de portas abertas na piscina...

Xornadas de portas abertas na piscina municipal Vila de Noia para despedir por este ano a escola de natación infantil

As familias dos nenos e nenas terán acceso libre á instalación dende hoxe ata o venres

Mércores 19 de decembro do 2018

Este ano participan na escola infantil de natación 652 nenos e nenas

Este ano participan na escola infantil de natación 652 nenos e nenas

Dende hoxe ata o venres celebramos as xornadas de portas abertas na piscina municipal Vila de Noia, unha tradición xa que permite que as familias dos nenos e nenas da escola de natación infantil poidan ver, nos horarios habituais das clases, as súas evolucións dende o comezo do curso. Deste xeito tamén se celebra a despedida do ano, xa que empezan as vacacións tamén na piscina. As sesións comezarán de novo o 7 de xaneiro. 

Este ano temos a un total de 652 escolares de ata 12 anos de idade participando neste programa da Concellaría de Deporte, que se suma aos cursos de natación para adultos/as, natación terapéutica, natación 3ª idade, aquagym e natación bebés. En total, algo máis de 1.000 persoas de todas as idades.

Máis da metade dos/as usuarios/as son, polo tanto, os/as alumnos/as das escolas de natación infantil. Grazas ao incremento das prazas que realizamos o curso pasado foi posible reducir case na súa totalidade as listas de agarda para abonados/as.

As 1.069 persoas que participan nos cursos do Concello de Carballo están repartidas en 87 grupos que reciben 152 sesións semanais grazas ao labor que desenvolve o equipo de persoal, integrado por un xefe de servizo licenciado en INEF, un coordinador-técnico deportivo superior e os/as monitores/as.

Compartir: