Inicio Áreas Deporte Novas O Concello de Carballo subvenciona este...

O Concello de Carballo subvenciona este curso 48 escolas deportivas en sete centros de ensino cun total de 28.884 euros

Consulta aquí a relación de entidades beneficiarias

Mércores 21 de novembro do 2018

A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de subvencións destinadas á promoción e o fomento do deporte escolar durante o curso 2018/19. O Concello de Carballo,  través da Concellaría de Deporte, financiará cunha partida de 28.884 euros un total de 48 escolas deportivas en sete centros de ensino, nas que se desenvolverán 2.407 sesións de actividades físico-deportiva en horario non lectivo.

Entre as propostas presentadas figuran modalidades deportivas coma o balonmán, o baloncesto ou xogos predeportivos, así coma outras orientadas á práctica feminina e actividades non implantadas no sistema deportivo local que se valoraron especialmente, coma ximnasia rítmica, ximnasia deportiva ou baile moderno, entre outras.

A relación de entidades beneficiarias pode consultarse no documento adxunto.

Descargas

Compartir: