Inicio Áreas Cultura Novas Se tes de 12 a 18 anos e queres facer...

Se tes de 12 a 18 anos e queres facer as mellores fotos da rede, apúntate ao noso curso de fotografía con smartphone ou tableta

O fotógrafo Alfredo Varela amosarache as técnicas e os trucos que precisas nun curso intensivo que celebraremos do 9 ao 13 de xullo

Sábado 23 de xuño do 2018

Se queres sacarlle máis partido á cámara do teu smartphone ou á túa tableta, dentro da programación do XX Certame de Fotografía Xosé Manuel Eirís propoñémosche que participes nun curso de fotografía que non só che permitirá coñecer mellor as funcionalidades do teu dispositivo móbil, senón que ademais achegarache conceptos sobre técnica fotográfica, a exposición correcta, o enfoque, a composición... e tamén as mellores APP gratuítas de retoque dixital e todo o que debes saber sobre dereitos de imaxe. A que ten boa pinta?

Os únicos requisitos que debes cumprir son ter entre 12 e 18 anos de idade, e dispoñer dun dispositivo móbil. O fotógrafo profesional Alfredo Varela encargarase do resto.

Serán cinco sesións de tres horas de duración (de 10.30 a 13.30 horas) que celebraremos do 9 ao 13 de xullo. O Pazo da Cultura será a nosa base, pero sairemos ao exterior a facer prácticas. E todo isto de balde, organizado pola Concellaría de Cultura.

Se estás interesado/a poderás inscribirte do 26 de xuño ao 5 de xullo descargando o impreso que atoparás ao final desta nova e presentándoo no Rexistro Municipal. Non agardes ao último día, porque só temos 15 prazas e cubrirémolas por orde de inscrición.

Descargas

Compartir: