Inicio Áreas Cultura Novas ASÍ VÉN A SEMANA NA...

ASÍ VÉN A SEMANA NA CULTURA

Luns 19 de marzo do 2018

ATA O 27 DE MARZO

XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas (De 17.00 a 21.00 h. Andar - 1 Pazo da Cultura Cultura)
Mostra das obras seleccionadas no XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas organizado pola Deputación da Coruña. O galardón, que consta de dúas modalidades- artesanía tradicional e contemporánea-, ten como fin pór en valor e axudar a difundir a artesanía de Galicia sendo un referente para todos os artesáns galegos. A exposición destaca pola gran variedade de disciplinas e modalidades e mestura pezas máis arraigadas con novas creacións, incluso pezas a partir de refugallos. Pódense apreciar traballos de xoiaría, cerámica, cestaría, escultura ou costura. Os gañadores desta edición foron: Pablo Carpintero, coa súa Reprodución funcional da gaita de fol da Cantiga 350 das Cantigas de Sta. María (categoría Artesanía Tradicional) e Lidia Nieves Domínguez pola obra Xoguete (categoría Artesanía Contemporánea).
Organizan: Deputación da Coruña e Concello de Carballo.

MARTES 20

Obradoiro xuvenil para customizar roupa (17.00 h. - Biblioteca Rego da Balsa)
Non sabes que facer con esas prendas que xa non usas? Estás aburrido/a de ver sempre a mesma roupa no teu armario? Na Biblioteca Rego da Balsa podémosche axudar! Se queres darlle un aire máis moderno e actual ao teu look aproveitando o que tes pola casa agardámoste no obradoiro creativo de customización de roupa que imos celebrar o vindeiro día 20, ás 17h, na biblio. Lás, retallos, lazos....a Tótem calquera material lle vale para ensinarche a renovar por completo o teu vestidor. Só fai falta un pouco de imaxinación, moita maña e unha hora para aprender. Apúntaste?
Participación: A actividade está dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos, previa inscrición na Biblioteca Rego da Balsa; chamando ao 981 758 580 ou ben a través do enderezo electrónico biblioteca@carballo.gal.
Organiza: Biblioteca - Concellaría de Cultura

Concerto de piano de Iván Fernández (20.00 h. Auditorio do Pazo da Cultura. Entrada libre)
O Auditorio do Pazo da Cultura acolle un concerto de piano de Iván Fernández. Nado en Vigo en 1984, Iván Fernández iniciou os seus estudos musicais na mesma cidade con Ana María García e continuou a súa formación con Rita Ivaskeviciute. Graduouse con Matrícula de Honra en interpretación pianística na Escola Superior de Música de Catalunya estudiando co seu mestre Rafael Salinas Tello. Foi mencionado con honores polo seu Proxecto de Investigación: “Recursos expresivos en las últimas sonatas de Beethoven”, interpretando as sonatas op.109, op.110 e op.111 do compositor. Obtivo a diplomatura na especialidade de Maxisterio en Educación Musical (Universidade de Vigo, 2007). Como docente cabe destacar a súa etapa na Unión Musical de Benaguacil (Valencia, 2011-2012). Actualmente é profesor de piano e coro, ademais de pianista acompañante no en cidades de todo o mundo. En Carballo interpretará pezas de Beethoven, Chopin e Schubert.
Organiza: CMUS - Concellaría de Educación.

MÉRCORES 21

Trinke Trinke e "o pequeno raposo" (Ás 17.00 h. e ás 18:30 h. - Biblioteca Rego da Balsa)
A compañía Trinke Trinke volverá o mércores 21 á Biblioteca Rego da Balsa coa súa obra de teatro infantil "o pequeno raposo", protagonizada polos ratiños de Lonxedetodo. Como sempre, haberá dúas sesións ás 17.00 e ás 18.30h. Se tes fillos/as de 3 a 8 anos non o dubides e solicita canto antes os convites na propia biblioteca.
Organiza: Concellería de Cultura.

Concerto de primavera do alumnado de grao elemental do CMUS (19.00 h. Auditorio do Pazo da Cultura. Entrada libre)
O alumnado do CMUS (incluídos o Grupo de Educación Auditiva e Vogal, a Orquestra Infantil de Cámara e a Banda Xuvenil) volve ao Auditorio do Pazo da Cultura para ofrecernos un variado repertorio, de 29 pezas, que vai desde a música clásica (Beethoven, Bach ou Schumann) ata cancións populares rusas e americanas ou melodías tradicionais e infantíns.
Organiza: CMUS - Concellaría de Educación.

XOVES 22

Charla sobre "Infancia en xogo: xogar é urxente" (18.00 h. - Pazo da Cultura)
A psicóloga da UDIAF Bergantiños, Yaiza Antelo, impartirá o día 22 unha charla sobre "Infancia en xogo: xogar é urxente", dirixida a pais, nais e público en xeral interesado nesta temática. Con esta actividade preténdese abordar, dende un punto de vista didáctico e práctico, a importancia do xogo na infancia como forma de expresión persoal e de relacións sociais tanto coa contorna como coa súa familia.
Participación: pais, nais e público en xeral. Prégase confirmar asistencia no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico nelvidal@carballo.org.
Organizan: Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (Udiaf) Bergantiños e o Servizo de Normalización Lingüística (SNL).

Segunda sesión do Off Interplay (19.00 h. - Biblioteca Rego da Balsa)
A biblioteca Rego da Balsa acollerá unha proxección de curtametraxes dentro do programa Off Interplay, que quenta motores de cara á celebración da quinta edición do festival de contidos dixitais, os vindeiros 4, 5, 6 e 7 de abril en Carballo. Despois da primeira entrega do 15 de febreiro, o xoves 22 de marzo, tamén ás 19.00 horas, o público que se achegue ata a Biblioteca Rego da Balsa poderá gozar coas webseries galegas premiadas nas catro primeiras edicións do Festival Interplay: Poetarras, FAME, Orfanato Atroz, Clases de lo social, Teño unha horta en San Sadurniño e Entre Pipas.
Organizan: CIP-Concellaría de Promoción Económica e Biblioteca-Concellaría de Cultura

VENRES 23

Ibuprofeno Teatro chega aos Venres Culturais coa obra Casa O’Rei (Ás 21.00 h. - Pazo da Cultura)
Manolo Rei prepara un cocido e reúne á familia. A comida sempre é unha escusa para repartir a casa entre as súas tres fillas. Pero a familia sáelle chea de traizón e desprezo, intragable polo amargor. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida. Ibuprofeno completa con “Casa O’Rei” a súa triloxía gastronómica, xunto con “O Furancho” e “Raclette”. Santiago Cortegoso propón un xogo dramatúrxico a partir do “Rei Lear” de Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.
Intérpretes: Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira e Xosé M. Esperante
Deseño de escenografía: Pablo Giráldez “Pastor”
Banda sonora: Caxade
Deseño de iluminación: Salvador Del Río
Vestiario: Marián Bañobre
Dirección e autoría: Santiago Cortegoso
Duración: 1h. 30 min
Público: Adulto
Entrada: 5€ / 3,5€
Organiza: Concellaría de Cultura
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir: