Inicio Áreas Deporte Novas O alcalde recibiu aos nadadores da AD...

O alcalde recibiu aos nadadores da AD Fogar que acadaron a medalla de ouro no Campionato de España Máster

Elisa Pichel e Rudy Carlos Palamedi asinaron no Libro de Honra do Concello de Carballo

Venres 10 de marzo do 2017

Rudy Carlos Palamedi e Elisa Pichel

Rudy Carlos Palamedi e Elisa Pichel

Esta mañá recibimos na Casa do Concello aos nadadores da AD Fogar Elisa Pichel e Rudy Carlos Palamedi, que veñen de acadar en Mataró a medalla de ouro nos 3.000 libres do Campionato de España Máster de Longa Distancia.

O rexedor, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, deron a benvida na Alcaldía aos supercampións do club carballés, que chegaron acompañados pola vicepresidenta e tesoureira, María Teresa Vila, e asinaron no Libro de Honra do Concello antes de manter unha animada conversa. Tamén se achegaron ata a Alcaldía compañeiros do Fogar Máster.

A nadadora, a máis laureada na historia do Fogar, non só se colgou o ouro en Mataró, senón que estableceu un novo récord de España na categoría +30. Palamendi, outro dos deportistas que máis metais suma para a entidade bergantiñá, foi o mellor na categoría +60. Pichel confirmou a súa participación no mundial máster, que se disputará en Budapest o próximo mes de agosto.

Compartir: