Inicio Áreas Cultura Novas A última coprodución do...

A última coprodución do FIOT, “O tolleito de Inishmaan”, é a favorita dos premios María Casares con 11 nominacións

A gran gala do teatro galego terá lugar o 29 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña

Xoves 2 de marzo do 2017

“O tolleito de Inishmaan”, a última coprodución do FIOT xunto con Contraproducións, é a gran favorita dos premios María Casares cun total de 11 nominacións: espectáculo, dirección (Cándido Pazó), actor protagonista (Santi Romay), actriz secundaria (Susana Dans e María Roja), actor secundario (Evaristo Calvo), adaptación/tradución, escenografía, maquillaxe, vestiario e iluminación.

A entrega dos galardóns terá lugar o 29 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, nunha gran gala na que estará amplamente representado o noso Festival Internacional Outono de Teatro. A candidatura de “O tolleito de Inishmaan” a 11 das 13 categorías dos premios María Casares acada aínda máis resonancia polo feito de que este ano bateuse un récord de candidaturas, cun total de 44 espectáculos e 400 profesionais.

Na ligazón atoparedes máis información.

Ligazóns



Galería

Compartir: