Inicio Áreas Deporte Novas Elixidos en sorteo público os 13...

Elixidos en sorteo público os 13 nenos e nenas que participarán na Campaña de Esquí da Deputación

Carballo Deporte informará sobre todas as modificacións que se produzan na listaxe de agarda como consecuencia de renuncias e/ou aumento de prazas

Xoves 26 de xaneiro do 2017

A alta demanda para participar na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña obrigou a realizar un sorteo no que, seguindo os criterios establecidos polo propio ente provincial, outorgouse prioridade aos nenos e nenas que non participaran previamente. O Concello dispón de 13 prazas para 33 solicitudes, pero dende Carballo Deporte informaremos sobre as modificacións que se produzan na listaxe de agarda como consecuencia de renuncias e/ou aumento de prazas.

Mamás e papás asistiron ao sorteo público na Casa do Concello

Mamás e papás asistiron ao sorteo público na Casa do Concello

No sorteo público, celebrado onte pola tarde na Casa do Concello, estiveron presentes o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deporte e Cultura, Marcos Trigo; o xefe do servizo de promoción e programas deportivos, Manuel Bardanca, e a secretaria accidental, Susana Mariño, así como varias mamás e papás dos nenos e nenas inscritos. O resultado podedes consultalo no documento adxunto, que se irá actualizando con cada cambio que se produza.

Os nenos e nenas admitidos deben entregar agora a seguinte documentación:

  • Ficha de inscrición, que pode descargarse aquí mesmo ou recoller nas oficinas de Carballo Deporte (rúa Vila de Corcubión)
  • Foto tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do DNI ou Libro de Familia
A documentación debe entregarse na oficina de Carballo Deporte.

Descargas

Compartir: